lunes, 2 de junio de 2008

NON PASARÁN!!


Novamente, o domingo 1 de Xuño volveuse demostrar cales son os intereses que defende este goberno da socialdemocracia. De novo Democracia Nacional, tras incubrirse en todo tipo de eufemismos, volveron demostrar o seu claro carácter xenófobo e racista. Nesta ocasión trataron de manipular unha das reivindicacións máis importantes entre os mozos e as mozas como é a loita pola vivenda digna, tratando de confundir a mocidade sinalando como culpábeis a multitude de traballadores e traballadoras inmigrantes e non a verdadeira orixe da cuestión.


O antifascismo decidiu lanzarse a rúa para demostrar que alá onde se realice unha manifestación dunha organización fascista, sempre haberá antifascistas para opoñerse. Numericamente os antifascistas eran moitos máis que os convocados por DN. Non obstante, cando foi necesario disolvelos para deixar camiño aberto aos fascistas , a policía comezou a cargar desorbitadamente. Os antifascistas replegábanse e volvíanse unir, ata que xa non se puido aguantar máis. A ordes da delegada do goberno a unidade de intervención policial (UIP) e a brigada de información executan brutais cargas policiais e detencións de dubidoso carácter legal contra aqueles que non dan un paso atrás ante a barbarie fascista.


O resultado final foron 5 detidos, entre eles un menor, e bastantes feridos por diversas contusións, pasando varios deles por hospitais. Dous d@s detidos e varios dos agredidos son militantes do Colectivo de Jóvenes Comunistas (CJC). Os cales teñen o apoio de todo o antifascismo e a solidariedade do mesmo. Estas persoas han de sentir a pesares dos seus duros golpes, ca loita ha de seguir, xa que o único que se pretende é minar conciencias a través de medios represivos que cada vez se convirten en máis brutais.


Por esto todo o antifascismo esixe:

- A liberdade e exoneración de tódolos cargos dos detidos e detidas polo simple feito de denunciar o fascismo.

- A dimisión da delegada do goberno, dada a súa complicidade cada vez máis infame e evidente coas organizacións nazis.

- A taxante prohibición das organizacións fascistas e a non permisividade das súas accións públicas.


Non pasarán!!

No hay comentarios: