lunes, 12 de mayo de 2008

O PARTIDO DA MORTE



Unha historia curiosa é a do "partido da morte", que sucedeu en 1942, estando Ucrania ocupada pola Alemania nazi. No verán de 1942, a Selección Nacional da Wehrmacht(tropas alemanas nazis) propuxo o Dinamo de Kiev xogar un partido no Estadio municipal. Os alemáns foron moi confiados ao encontro posto que eles eran deportistas preparados e os xogadores do Dinamo eran obreiros de fábricas con escasa preparación futbolística. Comezou o partido coas bancadas a rebosar, e cos principais militares da Wehrmacht en Ucrania no palco. De momento todo ía ben para os invasores e os alemáns meten o primeiro gol da tarde, pero todo se torce para os alemáns e terminan o primeiro tempo perdendo 2 a 1 contra o Dinamo. Nos vestiarios chega un oficial alemán e advirte aos xogadores do Dinamo que os alemáns xamais perderon un partido en territorios ocupados, e que si gañaban o partido serían todos fusilados. Os xogadores volveron ao campo e, facendo caso omiso da ameaza, meteron o terceiro gol aos alemáns. O estadio veuse abaixo e, sen dar crédito ao que veían, as bancadas veían como o Dinamo marcaba o cuarto gol. Antes de chegar aos 60 minutos de partido, o árbitro deu por terminado o encontro e os xogadores do Dinamo foron conducidos a un barranco, onde inmediatamente foron fusilados.


A historia inspirou algunha película como a película húngara de 1961 “Két félidő a pokolban”.

Tamén algúns grupos compuxeron cancións con referencia a este suceso como por exemplo a canción Verano del 42 do grupo Núcleo Terco.

domingo, 11 de mayo de 2008

CELTARRAS!+ QUE FÚTBOL!


Na primeira metade da década dos 80, prodúcese no estado español o grande auxe dos grupos de hinchas organizados, que irán aparecendo a imitación dos que xa existían dende facía varios anos en paises como Inglaterra ou Italia. Serían grupos desmarcados do resto das hinchadas dos seus respectivos equipos, sobre todo pola súa forma de animación, colorido e, en moitos casos, violencia amosada. Vigo non foi allea a todo isto, e alá polos primeiros anos dos 80 nacían as Xuventudes Celestes; xunto a éstes, outras peñas como Comando Celta, dotaron ao estadio de Balaidos dun maior colorido coas súas faixas e bandeiras. As XX.CC., único grupo que posuía un local de seu no propio estadio, tamén contaban cun cubregradas de grandes dimensións, coas cores do equipo. A existenca das XX.CC. terá a súa importanca na consolidación de Celtarras anos despois, xa que moitos membros do noso grupo pasaron previamente polas Xuventudes Celestes. Todavía lembramos os seus espectaculares bengaleos na década dos oitenta.

PRIMEIROS ANOS

Durante a tempada 87/88, aparece en Balaidos a faixa de Celtarras na esquina de Gol con Tribuna. Non tardaría en aparecer a faixa de Galiza Ceive ao carón da principal do grupo, esta última en letras vermellas sobre fondo celeste. Tamén comezan os desplazamentos, como por exemplo ao Molinón xixonés, onde se compartíu, xunto co resto de peñas célticas, bancada cos Norte Xixón (daquela, Norte Gijón), que manterían por aquel entón boas relacións con Xuventudes Celestes, que seguían a ser o pincipal foco de animación xuvenil en Balaidos. Inda que cada un ao seu modo, tanto Celtarras como Xuventudes Celestes ou Comando Celta tiveron sempre un marcado carácter nacionalista galego, e por suposto, nunca o racismo nen o fascismo tiveron cabida neles.

CHEGADA A FONDO

A tempada 91/92 marca un punto de inflexión na traxectoria de Celtarras. Chégase á bancada de Fondo (todavía chamada General daquela) e xornada tras xornada vanse incorporando novos membros, ao tempo que o Celta vaise consolidando como principal candidato ao ascenso a primeira división. Aparecen as primeiras bufandas, e o emprego de bengalas e demais pirotécnia fanse masivos ata o fatídico accidente de Sarriá, no que un rapaz morría tralo impacto dunha bengala de mar lanzada dende outra bancada, e que fixo que este tipo de material se prohibira de inmediato en todo o estado.
As viaxes a Santiago e Avilés (sobre todo esta última) non pasarían desapercibidas, e nalgúns xornais comezan a preocuparse polo crecemento e consolidación do grupo; comezan a escoitarse voces que esixen á directiva a expulsión de Balaidos dos membros de Celtarras, e cada vez é maior a presencia de policía na nosa bancada; as cargas dentro désta sucederianse domingo tras domingo. Ante os ataques sufridos, a TVG ameaza con non enviar cámaras a Balaidos para cubrir os encontros disputados polo noso equipo.


MAIS DUNHA DECADA CELTARREANDO EN PRIMEIRA

Tralo ascenso do equipo na campaña anterior, a 92/93 comeza, moitísimos anos despois, cun novo clásico do fútbol galego en primeira división. Celtarras, que se desplazaría nun autobús, é prácticamente a única representación de siareiros célticos en Riazor. O autobús remata coas lúas rotas, e na viaxe de regreso prodúcense uns incidentes coa expedición celtarra nunha área de servizo.

No derbi da segunda volta en Balaidos, a bancada de Fondo é dividida en dúas partes por medio dun valado; para a policía, era unha forma de controlar máis e mellor a un dos grupos considerados ao ano seguinte pola Comisión Antiviolencia como un dos máis perigosos do estado. Ao remate do encontro prodúcese unha batalla campal coa policía polas rúas viguesas. Cara o remate do campionato (maio do 93) aparecería o número 1 de Fondo Celtarra, primeiro fanzine oficial do grupo. É raro o encontro desa liga 92/93 no que algún siareiro da bancada de Fondo non é expulsado do campo ou denunciado pola policía; a visita do Frente Atlético a Vigo provocou diversos incidentes polos aledaños de Balaidos.

Na tempada 93/94 vivíuse a maior concentración de siareiros convocada por Celtarras polas rúas viguesas. Entre 700 e 800 persoas dirixíronse, todas xuntas e estreitamente vixiadas pola policía, dende a Porta do Sol ata a Bancada de Fondo, horas antes do Celta-Coruña. Ese día estreáronse 24 bandeiróns, nun desplegue nunca visto anteriormente en Balaidos. En medio desta tempada, disputouse en Balaidos un encontro amigable entre as seleccións de España e Portugal, con notable presencia de mozos do grupo na bancada de Fondo para animar a Portugal. A resposta policial foi a base de numerosas expulsións do campo e bandeiras galegas requisadas. Algunha española sería queimada. Foi nese campionato no que se producíu un maior número de viaxes nunha mesma tempada por parte de Celtarras; Bilbo (dous autobuses), Donosti, Santiago, A Coruña, Xixón, Oviedo, Valladolid, Madrid (dous autobuses) e Logroño. En Logroño chegouse ata o bar de Gaunas Sur, pero a presencia policial evitou calquera tipo de incidentes; no interior do campo non puideron evitalos, e ata houbo quenes se achegaron ata a bancada dos ultras locais, producíndose posteriormente cargas e carreiras pola bancada, así como a detención dun compañeiro. En Oviedo tamén houbo bronca e outra detención, inda que o máis salientable desa viaxe foron as pintadas coas que se decorou todo o Carlos Tartiere na noite anterior, e que fixeron que os medios de comunicación rápidamente dispararan as súas críticas (algunhas pintadas facían referencia a ETA e a Irene Villa). Oviedo convertíuse co paso dos anos nunha cidade habitual para viaxar, e onde se produciron varias liortas con hinchas carballóns. En Xixón, o destino era o bar de Ultra Boys, pero a policía sacou aos galegos da zona a mamporrazos. Pola súa banda, nos exteriores do Bernabeu tamén se producíu unha liorta, na cal un celtarra foi acoitelado no cu por un membro de Ultras Sur; os autobuses tamén serían atacados polos fascistas españois. O verán do 95 pasará á historia do Celta como o da crise dos avais, pola cal o Celta foi descendido administrativamente nun primeiro intre a 2ªB. Celtarras estará presente en tódolos actos e iniciativas que loitan porque o noso clube se mantivera onde lle correspondía. Ademais de acampar en Balaidos, asistir a adestramentos e encontros amigables fóra de Vigo, participar na organización dun concerto, asistir ás manifestacións e concentracións, o punto álxido vivíuse coa viaxe a Madrid para dirixirse ata o local da RFEF o día da decisión final. Nunha parada levada a cabo en Puebla de Sanabria, prodúcese un saqueo na tenda dunha gasolineira, que fai que varios axentes da G. Civil se presenten na zona. A prensa volta a cebarse unha vez máis con Celtarras.

Na tempada 97/98,a visita dos Ultra Boys deixou incidentes nos minutos previos ao choque, polos cales varios ultras asturianos necesitaron asistencia médica. As Brigadas Charras do Salamanca, que tamén estiveron na nosa cidade, tiveron que refuxiarse no interior dun bar ata a chegada dos antidisturbios para defenderse dun grupo de celtarras bastante inferior en número que os esperaba fóra. No encontro da segunda volta presentouse en Salamanca un autobús de celtarras para saldar as contas pendentes dende o encontro en Vigo, coa fatalidade de que 26 membros do grupo remataron nos calabozos, mentres que o resto da expedición foi devolta pola policía a Vigo sen poder presenciar o encontro.

Se un acontecemento marcou a tempada do regreso céltico á Copa da UEFA, a 98/99, ese foi o do asasinato dun siareiro basco a mans dun membro do Frente Atlético, e Celtarras non foi alleo a esa nova; o seguinte partido disputado en Anoeta trala tráxica morte de Aitor Zabaleta, sería precisamente un Erreala-Celta, no que a expedición celtarra ata alí desplazada participaría nos actos de homenaxe. En Vigo sacáronse dúas faixas, coas lendas “Contra o fascismo español: Organización, autodefensa” (colada nas inmediacións de Balaidos e rápidamente arrincada polos antidisturbios) e “Frente Atlético fascistas cobardes” (exhibida durante o minuto de silencio e tamén retirada posteriormente pola policía).

Nesa mesma tempada tivo lugar a homenaxe a Patxi Salinas, xogador co que Celtarras sempre estivo moi identificado, e viceversa. O propio xogador agasallounos cun taco de entradas para dito encontro. Ese día, na que a abundante choiva caida deslucíu en parte o acto, portamos unha faixa coa lenda Sempre Patxi, e cando éste foi sustituido, voltouse cara Celtarras para agradecernos públicamente o noso apoio, ao tempo que sacaba parte da camisola da súa homenaxe para ensinar a de Celtarras que levaba posta por debaixo, e que lle fora dada pola nosa parte.

Durante os incidentes producidos coa policía á conclusión do Celta-Coruña 00/01, producíuse o lanzamento dun cóctel molotov contra unha furgoneta dos antidisturbios.

No campionato seguinte fumos foco de atención en todo o estado tralos incidentes protagonizados con motivo do Celta-Athletic, onde unha absurda e desproporcionada carga policial na bancada de Fondo foi duramente respostada pola xente de Celtarras e HNT, obrigando ás forzas da orde a abandoar a bancada polo que lles puidera acontecer. Cinco compoñentes do noso grupo foron denunciados e levados a xuizo por ese feitos.

Se isto acontecía en novembro, meses despois, en maio, os Ultras Sur sorprendían a todo o mundo coa súa visita á nosa cidade. Chegaron sen escolta e co encontro xa comezado, e accederon á bancada de Gol coas entradas que supostamente mercaran o día anterior varios dos seus compoñentes, producíndose unha serie de incidentes cos siareiros de dita bancada. A resposta policial foi unha carga na nosa grada tras un gol céltico, mais a detención dun compañeiro. Pero o importante chegaría á conclusión do encontro, onde debería comezar o noso partido particular con este grupo tan coñecido dentro do panorama fascista español. Cos ultras madrileños todavía no interior dun estadio deserto, dous mozos eran sorprendidos por efectivos da G. Civil cuns cócteles molotov. Acusados de estaren preparando un ataque organizado contra o autobús dos fachas, foron trasladados ata o cárcere de A Lama, onde permañeceron un tempo importante ata abandoalo á espera do xuizo.

NON SO FÚTBOL

Dende o seu nacemento, Celtarras sempre tentou levar a cabo unha liña coherente coas súas ideas, e de compromiso político e social. Á participación máis ou menos activa de membros desta peña en diferentes colectivos, organizacións e actos de índole estudantil, política, social, etc., tiveron sempre a súa continuidade no campo de fútbol, a través dos diferentes cánticos, berros, faixas e iniciativas levadas a cabo. Foron, son e serán moitos os moitivos polos que traballar e loitar a reo. Ata o dagora, fumos solidarios cos insubmisos, cos presos políticos galegos e doutros paises, coa loita dos mariñeiros, co pobo irquí, e con Cuba, con Palestina, con Timor, cos traballadores dos asteleiros, coa traxedia do Prestige, cos vecinos de Teis afectados pola empacadora de Guixar, cos tupacamarus asasinados polo exército de Fujimori,...

Pero dende 2004, no que os nosos amigos Teto e Luís foron secuestrados polo estado español, nunha das súas cárceres de exterminio, a nosa loita principal é a relacionada coa súa liberación e axuda, para o cal creouse o CCCP (Coleitivo de Colaboraçom Celtarras Presos) para organizar e canalizar dunha forma máis axeitada toda esa axuda.