lunes, 24 de marzo de 2008

¿UN MINUTO DE SILENCIO?


Por primeira vez na súa longa historia, no campo do Atlethic Club de Bilbao, gardouse un minuto de silencio pola morte dun ex edil socialista sobre cal a banda ETA atentou o día 9 de Marzo. Como dixemos foi a primeira vez que en San Mamés se gardaba un minuto de silencio por unha "víctima" de ETA, e como era de supoñer, ese minuto de silencio durou 8 segundos, o que tardou en poñerse parte da bancada(sobre todo do fondo norte) a asubiar, berrar e mostrar faixas a favor dos presos independentistas e representativas de Euskal Herria e o que tardou o colexiado do encontro en poñer fin a ese minuto vendo como se estaba producindo. Para moitos ese minuto de silencio era unha provocación, pero por recomendación da Liga de Fútbol Profesional, o consello de administración do clube viscaiño decidiu gardar o minuto, cos resultados que xa dixemos. Aquí queda o vídeo do "minuto"de silenciohttp://es.youtube.com/watch?v=RU07ehvis7I&feature=related. Para parte do pobo euskaldun unha provocación,para outra unha falta de respeto e para outra unha forma tonta e estúpida de buscar "problemas"xq o sucedido estaba visto que pasaría e por eso nunca se fixo ata esa data.A pregunta é ¿un minuto de provocación ou de falta de respeto?Cada un que saque a súa conclusión e opine.

martes, 11 de marzo de 2008

PLURALISMO ANTIDEMOCRÁTICO

As eleccións celebradas o domingo 9 de Marzo deixou como vencedor o PSOE,polo que será presidente do estado español José Luis Rodríguez Zapatero por segundo mandato consecutivo, o lograr o 43,64% dos votos e 169 deputados,frente o 40,11% do PP e os 154 deputados destes.Unhas eleccións na que predomoniu o bipartidismo antidemocrático e na que os demais partidos políticos se presentaban en clara inferioridade respeto a PSOE e PP.Un bipartidismo que tivo influencias en todos os partidos restantes de maneira negativa,xa que IU por exemplo pasaba de 5 a 2 deputados,perdendo así o grupo parlamentar propio.O mesmo sucedeu co independentismo catalán que representa ERC que pasou de ter 8 deputados a quedarse unicamente con 3.Aguantaron ben o tirón e incluso medraron os de CIU que aumentan un deputado e contarán con 11 no parlamento español.Tamén aguantou o tirón o BNG que conserva os dous deputados que tiña e logra aumentar en número de votos,cousa moi complicada como demostran os resultados no resto do estado,sendo moi salientable tamén o retroceso que sufre o PP na Galiza perdendo gran número de votantes como é de costume nos últimos tempos por estas terras.Outra forza que perde un deputado en madrid é o PNV,que se queda agora con 6.En Euskal Herria hai que destacar a alta porcentaxe de abstención.No ano 2004,acudiu a votar o 74,97%dos electores,mentres que o 9 de Marzo soamente acudiu o 64,90%,producíndose así unha baixada de 10 puntos.Débese recordar que a esquerda abertzale (a cal lle impediron a presentación de candidatura)pediu aos seus votantes a abstención,mentres que no 2004 pediran o voto nulo.No pobo de mondragón onde o venres 7 de Marzo a banda independentista ETA,atentou contra un ex concellal socialista a abstención foi dun 41%.
En conclusión,que o pluralismo democrático do que tanto se presume, quedou en jaque pola campaña dos medios de comunicación, que bipolarizaron estas eleccións a unicamente dous partidos.Dous partidos do cal gañou o menos malo e do cal se espera que se atreva a dar solucións a moitos problemas que existen no estado español.