
Por primeira vez na súa longa historia, no campo do Atlethic Club de Bilbao, gardouse un minuto de silencio pola morte dun ex edil socialista sobre cal a banda ETA atentou o día 9 de Marzo. Como dixemos foi a primeira vez que en San Mamés se gardaba un minuto de silencio por unha "víctima" de ETA, e como era de supoñer, ese minuto de silencio durou 8 segundos, o que tardou en poñerse parte da bancada(sobre todo do fondo norte) a asubiar, berrar e mostrar faixas a favor dos presos independentistas e representativas de Euskal Herria e o que tardou o colexiado do encontro en poñer fin a ese minuto vendo como se estaba producindo. Para moitos ese minuto de silencio era unha provocación, pero por recomendación da Liga de Fútbol Profesional, o consello de administración do clube viscaiño decidiu gardar o minuto, cos resultados que xa dixemos. Aquí queda o vídeo do "minuto"de silenciohttp://es.youtube.com/watch?v=RU07ehvis7I&feature=related. Para parte do pobo euskaldun unha provocación,para outra unha falta de respeto e para outra unha forma tonta e estúpida de buscar "problemas"xq o sucedido estaba visto que pasaría e por eso nunca se fixo ata esa data.A pregunta é ¿un minuto de provocación ou de falta de respeto?Cada un que saque a súa conclusión e opine.