
O vindeiro 9 de Marzo convócanse eleccións ao parlamento español,para decidir se é o P$OE, co seu representante José Luis Rodríguez Zapatero ou o PP, con Mariano Rajoy, o que se converte no próximo presidente de goberno do estado español, polos 4 seguintes anos. Nós,os galegos,non deberiamos ter que votar os que levan as rendas da una, grande y libre que defenden ambos candidatos a elección,xa que non é o noso parlamento.Pero a realidade é completamente distinta.Gustenos ou non o día 9,tamén entramos no xogo do que eles chaman democracia,na súa gran festa! Galiza xógase ver o peso que ten dentro do estado español, co "único" partido político (BNG) que antepón os nosos intereses aos do estado do que desgraciadamente formamos parte.Digo "único" porque é o único con capacidade suficiente para sacar representación nas Cámaras,xa que por desgraza, outros partidos que defenden a nosa terra cuns ideais máis firmes e sen darlle tanta importancia ao electoralismo(votos sen ideas) non acadarán os suficentes votos para lograr unha acta de deputado.Queda nas mans de todos os que residimos nas 4 provincias galegas, o peso que lle queremos dar á nosa terra nas Cortes españolas.Queda nas nosas mans se queremos ter voz en Madrid e dicir que aquí tamén existimos.Por eso deberiamos reflexionar e participar na súa festa unicamente para amargarlla.Para decirlles que na Galiza sobran!