lunes, 30 de junio de 2008

ELLOS DICEN MIERDA,NOSOTROS AMEN!


A doma e castración comeza a dar os seus froitos. O triunfo da selección de España no campionato de Europa foi celebrada por todo o alto por bastante xente nas rúas de Galiza. Lembro algunhas participacións dos españois nos mundiais e nos europeos, pero nunca ata agora vira implicarse a tantos galegos nas andainas dunha selección que sempre se viviu aquí como algo absolutamente alleo.
Sen dúbida a estratexia de propaganda e difusión do españolismo que levan a cabo os medios de comunicación está a dar os seus froitos e as masas exercen como ovellas e acaban por asumir como propias as mensaxes que lles lanzan os estrategas. E así vemos como ano a ano proliferan en Galiza as camisetas vermellas, as bandeiras rojigualdas , os afeccionados vociferantes (veremos o que tardan en aparecer entre nós os frikis clonicamente disfrazados de toureiros, flamencos ou gardas civís, cada vez máis comúns) e as cancións que criamos esquecidas, demostrando que a sociedade actual se atopa gravemente doente cando non é quen de defender o seu nin de pensar libremente e acata fielmente as estratexias que se deseñan desde os poderes fácticos do estado.
Triste, moi triste…

No hay comentarios: