lunes, 18 de febrero de 2008

AUTODETERMINACIÓN E DEMOCRACIA!!


o 27 de Xuño de 2002 o Congreso dos deputados cunha maioría aplastante aprobou a Lei de Partidos, xestada no marco do "pacto antiterrorista" suscrito polo PP e polo PSOE. A súa finalidade,non explícita,é a ilegalizazión da denominada"esquerda abertzale".Non se plantexou en ningún momento deixar fóra da lei,por exemplo, a partidos da extrema dereita.


Trala aprobación da lei,o recorte de liberdades e dereitos dos cidadáns de euskal herria, trasládase o poder xudicial. Iniciánse os trámites de ilegalización de Herri Batasuna,Euskal Herritarrok e Batasuna que o Tribunal Supremo ratifica en Marzo de 2003. En maio do mesmo ano-eleccións en nafarroa-négase a inscrición de Autodeterminazioarako Bilgunea;en xuño de 2004-eleccións europeas é ilegalizada a lista de Herriterren Zerrenda;en 2005 comicios o parlamento vasco-son anuladas as listas da esquerda abertzale que pide o seu voto para o Partido Comunista das Terras Vascas (PCTV-EHAK).


A tregua de ETA no ano 2006, así como a predisposición, al menos inicial, do goberno de Zapatero ó diálogo fai presaxiar que nas eleccións municipais de 2007, a esquerda abertzale, estará presente.Pero o poder xudicial nega a inscrición de Abertzale Sozialisten Batasuna,das agrupacións de electores Abertzale Socialistak, así como tamén de parte das candidaturas do histórico Acción Nacionalista Vasca-Eusko Abertzale(ANV-EAE). É unha evidencia que a ilegalización de partidos,xunto co endurecemento da política penitenciaria,entre outros factores, son unha importante traba para ó diálogo e a solución do conflicto existente.


A recente ilegalización de ANV e PCTV non é un problema que inflúe unicamente en euskal herria.É algo moito máis profundo.Gústenos ou non vivimos nun Estado que ten unha lei que viola os dereitos civis e políticos e na que opera un poder xudicial altamente politizado.É o que moitos denominan coa boca ben grande Estado de Dereito o que está en verdadeiro peligro e polo tanto o deber de todose todas debe ser actuar.Por solidariedade e porque a voz de centos de persoas quedan caladas e impedidas de pronunciarse libremente no que chaman democracia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Democracia falsa xa que cada vez os dereitos deste gran pais democratico quedan anulados ,como se pode chegar a denegarlle a un partido o seu presentamento a unhas elecions que pasa que as suas voces son menos importantes que as do Pp PSOE que pasa que a suas ideas son menos validas que as defendidas por partido de Ultradereita como DN do fillo de puta de Ynestrillas ese si que e un asasino,ou que pasa¿¿??Non se pode entender a ilegalizacion de ningun partido non se pode pechar as bocas de moita xente que quere falar e eso por moito que o intenten nunca o conseguiran ni Partido(non)Socialista(non)Obrero Epañol nin o Pp ni ninguen.