viernes, 4 de julio de 2008

Piden que el primer encuentro de la selección unionista española tras la Eurocopa sea en Euskal Herria.


Las nuevas generaciones del PP pidieron el 2 de Julio que el primer encuentro que juegue la selección unionista española de fútbol, tras ganar la Eurocopa de Austria y Suiza, sea en Euskal Herria, tras las celebraciones que se llevaron a cabo en los diferentes Territorios vascos.El presidente de NNGG del AP-PP en la C.A.V, el ultraderechista Carlos García, indicó que, tras las celebraciones "multitudinarias" en la Plaza Moyua de Bilbo, en la plaza de la Virgen Blanca de Gasteiz o en Ermua y Donostia, ha quedado "claramente" demostrado que en Euskadi "se respalda y se quiere" a la selección española, por lo que sería "un reconocimiento" a la afición vasca, que los campeones de Europa disputen su primer encuentro en España en una de las capitales vascas de Hegoalde.Recordó que en 1920, tras la consecución de la medalla de plata en los juegos olímpicos de Amberes, el primer partido de la selección unionista española, fue en San Mames, ganando a Bélgica por 2 a 0.'Miles de vascos inundaron las calles de los pueblos y ciudades de Euskadi de banderas nacionales, bufandas y camisetas rojas "demostrando el júbilo" por el triunfo de la selección unionista."El llenazo estaría asegurado tanto en San Mames como en Mendizorroza o Anoeta, ya que hay muchas ganas de ver a españa que desde hace cuatro décadas no disputa encuentros en Euskadi, además siendo la campeona de Europa resultaría del todo absurdo que las autoridades deportivas vascas se sigan oponiendo por motivos políticos sectarios a estos encuentros".

lunes, 30 de junio de 2008

ELLOS DICEN MIERDA,NOSOTROS AMEN!


A doma e castración comeza a dar os seus froitos. O triunfo da selección de España no campionato de Europa foi celebrada por todo o alto por bastante xente nas rúas de Galiza. Lembro algunhas participacións dos españois nos mundiais e nos europeos, pero nunca ata agora vira implicarse a tantos galegos nas andainas dunha selección que sempre se viviu aquí como algo absolutamente alleo.
Sen dúbida a estratexia de propaganda e difusión do españolismo que levan a cabo os medios de comunicación está a dar os seus froitos e as masas exercen como ovellas e acaban por asumir como propias as mensaxes que lles lanzan os estrategas. E así vemos como ano a ano proliferan en Galiza as camisetas vermellas, as bandeiras rojigualdas , os afeccionados vociferantes (veremos o que tardan en aparecer entre nós os frikis clonicamente disfrazados de toureiros, flamencos ou gardas civís, cada vez máis comúns) e as cancións que criamos esquecidas, demostrando que a sociedade actual se atopa gravemente doente cando non é quen de defender o seu nin de pensar libremente e acata fielmente as estratexias que se deseñan desde os poderes fácticos do estado.
Triste, moi triste…

lunes, 2 de junio de 2008

NON PASARÁN!!


Novamente, o domingo 1 de Xuño volveuse demostrar cales son os intereses que defende este goberno da socialdemocracia. De novo Democracia Nacional, tras incubrirse en todo tipo de eufemismos, volveron demostrar o seu claro carácter xenófobo e racista. Nesta ocasión trataron de manipular unha das reivindicacións máis importantes entre os mozos e as mozas como é a loita pola vivenda digna, tratando de confundir a mocidade sinalando como culpábeis a multitude de traballadores e traballadoras inmigrantes e non a verdadeira orixe da cuestión.


O antifascismo decidiu lanzarse a rúa para demostrar que alá onde se realice unha manifestación dunha organización fascista, sempre haberá antifascistas para opoñerse. Numericamente os antifascistas eran moitos máis que os convocados por DN. Non obstante, cando foi necesario disolvelos para deixar camiño aberto aos fascistas , a policía comezou a cargar desorbitadamente. Os antifascistas replegábanse e volvíanse unir, ata que xa non se puido aguantar máis. A ordes da delegada do goberno a unidade de intervención policial (UIP) e a brigada de información executan brutais cargas policiais e detencións de dubidoso carácter legal contra aqueles que non dan un paso atrás ante a barbarie fascista.


O resultado final foron 5 detidos, entre eles un menor, e bastantes feridos por diversas contusións, pasando varios deles por hospitais. Dous d@s detidos e varios dos agredidos son militantes do Colectivo de Jóvenes Comunistas (CJC). Os cales teñen o apoio de todo o antifascismo e a solidariedade do mesmo. Estas persoas han de sentir a pesares dos seus duros golpes, ca loita ha de seguir, xa que o único que se pretende é minar conciencias a través de medios represivos que cada vez se convirten en máis brutais.


Por esto todo o antifascismo esixe:

- A liberdade e exoneración de tódolos cargos dos detidos e detidas polo simple feito de denunciar o fascismo.

- A dimisión da delegada do goberno, dada a súa complicidade cada vez máis infame e evidente coas organizacións nazis.

- A taxante prohibición das organizacións fascistas e a non permisividade das súas accións públicas.


Non pasarán!!

lunes, 12 de mayo de 2008

O PARTIDO DA MORTE



Unha historia curiosa é a do "partido da morte", que sucedeu en 1942, estando Ucrania ocupada pola Alemania nazi. No verán de 1942, a Selección Nacional da Wehrmacht(tropas alemanas nazis) propuxo o Dinamo de Kiev xogar un partido no Estadio municipal. Os alemáns foron moi confiados ao encontro posto que eles eran deportistas preparados e os xogadores do Dinamo eran obreiros de fábricas con escasa preparación futbolística. Comezou o partido coas bancadas a rebosar, e cos principais militares da Wehrmacht en Ucrania no palco. De momento todo ía ben para os invasores e os alemáns meten o primeiro gol da tarde, pero todo se torce para os alemáns e terminan o primeiro tempo perdendo 2 a 1 contra o Dinamo. Nos vestiarios chega un oficial alemán e advirte aos xogadores do Dinamo que os alemáns xamais perderon un partido en territorios ocupados, e que si gañaban o partido serían todos fusilados. Os xogadores volveron ao campo e, facendo caso omiso da ameaza, meteron o terceiro gol aos alemáns. O estadio veuse abaixo e, sen dar crédito ao que veían, as bancadas veían como o Dinamo marcaba o cuarto gol. Antes de chegar aos 60 minutos de partido, o árbitro deu por terminado o encontro e os xogadores do Dinamo foron conducidos a un barranco, onde inmediatamente foron fusilados.


A historia inspirou algunha película como a película húngara de 1961 “Két félidő a pokolban”.

Tamén algúns grupos compuxeron cancións con referencia a este suceso como por exemplo a canción Verano del 42 do grupo Núcleo Terco.

domingo, 11 de mayo de 2008

CELTARRAS!+ QUE FÚTBOL!


Na primeira metade da década dos 80, prodúcese no estado español o grande auxe dos grupos de hinchas organizados, que irán aparecendo a imitación dos que xa existían dende facía varios anos en paises como Inglaterra ou Italia. Serían grupos desmarcados do resto das hinchadas dos seus respectivos equipos, sobre todo pola súa forma de animación, colorido e, en moitos casos, violencia amosada. Vigo non foi allea a todo isto, e alá polos primeiros anos dos 80 nacían as Xuventudes Celestes; xunto a éstes, outras peñas como Comando Celta, dotaron ao estadio de Balaidos dun maior colorido coas súas faixas e bandeiras. As XX.CC., único grupo que posuía un local de seu no propio estadio, tamén contaban cun cubregradas de grandes dimensións, coas cores do equipo. A existenca das XX.CC. terá a súa importanca na consolidación de Celtarras anos despois, xa que moitos membros do noso grupo pasaron previamente polas Xuventudes Celestes. Todavía lembramos os seus espectaculares bengaleos na década dos oitenta.

PRIMEIROS ANOS

Durante a tempada 87/88, aparece en Balaidos a faixa de Celtarras na esquina de Gol con Tribuna. Non tardaría en aparecer a faixa de Galiza Ceive ao carón da principal do grupo, esta última en letras vermellas sobre fondo celeste. Tamén comezan os desplazamentos, como por exemplo ao Molinón xixonés, onde se compartíu, xunto co resto de peñas célticas, bancada cos Norte Xixón (daquela, Norte Gijón), que manterían por aquel entón boas relacións con Xuventudes Celestes, que seguían a ser o pincipal foco de animación xuvenil en Balaidos. Inda que cada un ao seu modo, tanto Celtarras como Xuventudes Celestes ou Comando Celta tiveron sempre un marcado carácter nacionalista galego, e por suposto, nunca o racismo nen o fascismo tiveron cabida neles.

CHEGADA A FONDO

A tempada 91/92 marca un punto de inflexión na traxectoria de Celtarras. Chégase á bancada de Fondo (todavía chamada General daquela) e xornada tras xornada vanse incorporando novos membros, ao tempo que o Celta vaise consolidando como principal candidato ao ascenso a primeira división. Aparecen as primeiras bufandas, e o emprego de bengalas e demais pirotécnia fanse masivos ata o fatídico accidente de Sarriá, no que un rapaz morría tralo impacto dunha bengala de mar lanzada dende outra bancada, e que fixo que este tipo de material se prohibira de inmediato en todo o estado.
As viaxes a Santiago e Avilés (sobre todo esta última) non pasarían desapercibidas, e nalgúns xornais comezan a preocuparse polo crecemento e consolidación do grupo; comezan a escoitarse voces que esixen á directiva a expulsión de Balaidos dos membros de Celtarras, e cada vez é maior a presencia de policía na nosa bancada; as cargas dentro désta sucederianse domingo tras domingo. Ante os ataques sufridos, a TVG ameaza con non enviar cámaras a Balaidos para cubrir os encontros disputados polo noso equipo.


MAIS DUNHA DECADA CELTARREANDO EN PRIMEIRA

Tralo ascenso do equipo na campaña anterior, a 92/93 comeza, moitísimos anos despois, cun novo clásico do fútbol galego en primeira división. Celtarras, que se desplazaría nun autobús, é prácticamente a única representación de siareiros célticos en Riazor. O autobús remata coas lúas rotas, e na viaxe de regreso prodúcense uns incidentes coa expedición celtarra nunha área de servizo.

No derbi da segunda volta en Balaidos, a bancada de Fondo é dividida en dúas partes por medio dun valado; para a policía, era unha forma de controlar máis e mellor a un dos grupos considerados ao ano seguinte pola Comisión Antiviolencia como un dos máis perigosos do estado. Ao remate do encontro prodúcese unha batalla campal coa policía polas rúas viguesas. Cara o remate do campionato (maio do 93) aparecería o número 1 de Fondo Celtarra, primeiro fanzine oficial do grupo. É raro o encontro desa liga 92/93 no que algún siareiro da bancada de Fondo non é expulsado do campo ou denunciado pola policía; a visita do Frente Atlético a Vigo provocou diversos incidentes polos aledaños de Balaidos.

Na tempada 93/94 vivíuse a maior concentración de siareiros convocada por Celtarras polas rúas viguesas. Entre 700 e 800 persoas dirixíronse, todas xuntas e estreitamente vixiadas pola policía, dende a Porta do Sol ata a Bancada de Fondo, horas antes do Celta-Coruña. Ese día estreáronse 24 bandeiróns, nun desplegue nunca visto anteriormente en Balaidos. En medio desta tempada, disputouse en Balaidos un encontro amigable entre as seleccións de España e Portugal, con notable presencia de mozos do grupo na bancada de Fondo para animar a Portugal. A resposta policial foi a base de numerosas expulsións do campo e bandeiras galegas requisadas. Algunha española sería queimada. Foi nese campionato no que se producíu un maior número de viaxes nunha mesma tempada por parte de Celtarras; Bilbo (dous autobuses), Donosti, Santiago, A Coruña, Xixón, Oviedo, Valladolid, Madrid (dous autobuses) e Logroño. En Logroño chegouse ata o bar de Gaunas Sur, pero a presencia policial evitou calquera tipo de incidentes; no interior do campo non puideron evitalos, e ata houbo quenes se achegaron ata a bancada dos ultras locais, producíndose posteriormente cargas e carreiras pola bancada, así como a detención dun compañeiro. En Oviedo tamén houbo bronca e outra detención, inda que o máis salientable desa viaxe foron as pintadas coas que se decorou todo o Carlos Tartiere na noite anterior, e que fixeron que os medios de comunicación rápidamente dispararan as súas críticas (algunhas pintadas facían referencia a ETA e a Irene Villa). Oviedo convertíuse co paso dos anos nunha cidade habitual para viaxar, e onde se produciron varias liortas con hinchas carballóns. En Xixón, o destino era o bar de Ultra Boys, pero a policía sacou aos galegos da zona a mamporrazos. Pola súa banda, nos exteriores do Bernabeu tamén se producíu unha liorta, na cal un celtarra foi acoitelado no cu por un membro de Ultras Sur; os autobuses tamén serían atacados polos fascistas españois. O verán do 95 pasará á historia do Celta como o da crise dos avais, pola cal o Celta foi descendido administrativamente nun primeiro intre a 2ªB. Celtarras estará presente en tódolos actos e iniciativas que loitan porque o noso clube se mantivera onde lle correspondía. Ademais de acampar en Balaidos, asistir a adestramentos e encontros amigables fóra de Vigo, participar na organización dun concerto, asistir ás manifestacións e concentracións, o punto álxido vivíuse coa viaxe a Madrid para dirixirse ata o local da RFEF o día da decisión final. Nunha parada levada a cabo en Puebla de Sanabria, prodúcese un saqueo na tenda dunha gasolineira, que fai que varios axentes da G. Civil se presenten na zona. A prensa volta a cebarse unha vez máis con Celtarras.

Na tempada 97/98,a visita dos Ultra Boys deixou incidentes nos minutos previos ao choque, polos cales varios ultras asturianos necesitaron asistencia médica. As Brigadas Charras do Salamanca, que tamén estiveron na nosa cidade, tiveron que refuxiarse no interior dun bar ata a chegada dos antidisturbios para defenderse dun grupo de celtarras bastante inferior en número que os esperaba fóra. No encontro da segunda volta presentouse en Salamanca un autobús de celtarras para saldar as contas pendentes dende o encontro en Vigo, coa fatalidade de que 26 membros do grupo remataron nos calabozos, mentres que o resto da expedición foi devolta pola policía a Vigo sen poder presenciar o encontro.

Se un acontecemento marcou a tempada do regreso céltico á Copa da UEFA, a 98/99, ese foi o do asasinato dun siareiro basco a mans dun membro do Frente Atlético, e Celtarras non foi alleo a esa nova; o seguinte partido disputado en Anoeta trala tráxica morte de Aitor Zabaleta, sería precisamente un Erreala-Celta, no que a expedición celtarra ata alí desplazada participaría nos actos de homenaxe. En Vigo sacáronse dúas faixas, coas lendas “Contra o fascismo español: Organización, autodefensa” (colada nas inmediacións de Balaidos e rápidamente arrincada polos antidisturbios) e “Frente Atlético fascistas cobardes” (exhibida durante o minuto de silencio e tamén retirada posteriormente pola policía).

Nesa mesma tempada tivo lugar a homenaxe a Patxi Salinas, xogador co que Celtarras sempre estivo moi identificado, e viceversa. O propio xogador agasallounos cun taco de entradas para dito encontro. Ese día, na que a abundante choiva caida deslucíu en parte o acto, portamos unha faixa coa lenda Sempre Patxi, e cando éste foi sustituido, voltouse cara Celtarras para agradecernos públicamente o noso apoio, ao tempo que sacaba parte da camisola da súa homenaxe para ensinar a de Celtarras que levaba posta por debaixo, e que lle fora dada pola nosa parte.

Durante os incidentes producidos coa policía á conclusión do Celta-Coruña 00/01, producíuse o lanzamento dun cóctel molotov contra unha furgoneta dos antidisturbios.

No campionato seguinte fumos foco de atención en todo o estado tralos incidentes protagonizados con motivo do Celta-Athletic, onde unha absurda e desproporcionada carga policial na bancada de Fondo foi duramente respostada pola xente de Celtarras e HNT, obrigando ás forzas da orde a abandoar a bancada polo que lles puidera acontecer. Cinco compoñentes do noso grupo foron denunciados e levados a xuizo por ese feitos.

Se isto acontecía en novembro, meses despois, en maio, os Ultras Sur sorprendían a todo o mundo coa súa visita á nosa cidade. Chegaron sen escolta e co encontro xa comezado, e accederon á bancada de Gol coas entradas que supostamente mercaran o día anterior varios dos seus compoñentes, producíndose unha serie de incidentes cos siareiros de dita bancada. A resposta policial foi unha carga na nosa grada tras un gol céltico, mais a detención dun compañeiro. Pero o importante chegaría á conclusión do encontro, onde debería comezar o noso partido particular con este grupo tan coñecido dentro do panorama fascista español. Cos ultras madrileños todavía no interior dun estadio deserto, dous mozos eran sorprendidos por efectivos da G. Civil cuns cócteles molotov. Acusados de estaren preparando un ataque organizado contra o autobús dos fachas, foron trasladados ata o cárcere de A Lama, onde permañeceron un tempo importante ata abandoalo á espera do xuizo.

NON SO FÚTBOL

Dende o seu nacemento, Celtarras sempre tentou levar a cabo unha liña coherente coas súas ideas, e de compromiso político e social. Á participación máis ou menos activa de membros desta peña en diferentes colectivos, organizacións e actos de índole estudantil, política, social, etc., tiveron sempre a súa continuidade no campo de fútbol, a través dos diferentes cánticos, berros, faixas e iniciativas levadas a cabo. Foron, son e serán moitos os moitivos polos que traballar e loitar a reo. Ata o dagora, fumos solidarios cos insubmisos, cos presos políticos galegos e doutros paises, coa loita dos mariñeiros, co pobo irquí, e con Cuba, con Palestina, con Timor, cos traballadores dos asteleiros, coa traxedia do Prestige, cos vecinos de Teis afectados pola empacadora de Guixar, cos tupacamarus asasinados polo exército de Fujimori,...

Pero dende 2004, no que os nosos amigos Teto e Luís foron secuestrados polo estado español, nunha das súas cárceres de exterminio, a nosa loita principal é a relacionada coa súa liberación e axuda, para o cal creouse o CCCP (Coleitivo de Colaboraçom Celtarras Presos) para organizar e canalizar dunha forma máis axeitada toda esa axuda.

lunes, 21 de abril de 2008

HNT algo más que fútbol!!


Las gargantas que nunca callan


No dejan indiferente a nadie. Juegue bien, mal o regular el Athletic, Herri Norte Taldea anima sin parar en San Mamés a su equipo. Esa es la principal característica del grupo de seguidores rojiblancos más conocido por sus originales cánticos y singular estética. Han cumplido un cuarto de siglo desde su nacimiento y están de celebración.


La historia de Herri Norte Taldea (HNT) nace con motivo de la remodelación de San Mamés para acoger el Mundial de fútbol de 1982. En el fondo norte se creó una nueva grada y comenzó a congregarse detrás de la portería de La Misericordia una multitud de jóvenes en los partidos del Athletic. Era la temporada 1981/82 y el dinamismo popular que existía en aquellos años, unido a los buenos momentos que vivió el equipo rojiblanco en el aspecto deportivo ­las dos Ligas y Copa de la mano de Clemente­, sirvió para crear un nuevo movimiento: Herri Norte Taldea, el grupo de seguidores más conocido del Athletic porque siempre dejan sentir sus gargantas.


Ha pasado ya un cuarto de siglo desde entonces y para conmemorar dicho aniversario el pasado fin de semana organizaron diversos actos festivos. Desde conciertos, comida popular y una charla sobre el Athletic Club en la Guerra Civil, hasta una pachanga de fútbol entre Herri Norte Taldea y Abertzale Sur, con victoria para los cumpleañeros.


La asistencia de público ha sido importante, según relató un miembro de HNT. En los conciertos, por ejemplo, se llegaron a congregar medio millar de personas. «En los últimos tres o cuatro años se han vuelto a revitalizar las cosas después de unos últimos años de decadencia. Nos moveremos entre 300 ó 500 personas en los partidos de San Mamés y cuando salimos fuera solemos conseguir llenar casi siempre un autobús», comenta.


Antifascistas y abertzales


Y es que tras el auge de los primeros años, el Athletic fue perdiendo fuerza en cuanto a los resultados deportivos y en HNT se produjo una discusión interna en la que saldría afirmándose con sus actuales señas de identidad ­sentimiento Athletic e ideología abertzale y antifascista­, echando fuera a la gente que pretendía formar un grupo ultra.


Esa es una de las características que hace especial a este grupo de seguidores del Athletic. Además de animar a los jugadores, no se olvidan de reivindicar y solidarizarse en temas políticos y sociales como pueden ser los presos políticos vascos, la autodeterminación para Euskal Herria, los gaztetxes desalojados...


«Nos diferenciamos de los demás porque realizamos reivindicaciones y siempre nos dejamos sentir con nuestra forma de animar y cánticos ya que muchas de las peñas se limitan a colocar una pancarta con su nombre», relatan desde HNT.


Lo cierto es que nunca dan la espalda a su equipo ­«Athletic beti zurekin», es uno de sus lemas más coreados­ y en este sentido, critican la actitud de muchos aficionados que acuden a San Mamés y se dedican a pitar a los jugadores cuando las cosas no salen como quieren. «Estamos en contra de la gente que se marcha antes del campo cuando el Athletic va perdiendo o pita a los jugadores aduciendo que tiene derecho a mostrar su descontento porque ha pagado la entrada. Para nosotros hay que animar al equipo durante todo el partido», señalan.


Estetica skin


Aunque hay de todo, su estética es mayoritariamente de estilo «skinhead». Pero Herri Norte no tiene nada que ver con la imagen que se trata de vender desde la mayoría de medios de comunicación mezclando a los «cabezas rapadas» con grupos fascistas, obviando que desde sus inicios el movimiento skin se define por no tener nada que ver con la xenofobia ni el racismo. El intento de criminalización no se limita tan sólo a dicho aspecto porque cada vez que acuden a presenciar los partidos del Athletic fuera de casa, los policías de turno y aficiones «ultras» se encargan de provocar y crear incidentes.


Según denuncian, es en los viajes a Madrid y Valencia donde más problemas suelen encontrar. Pero no sólo fuera ya que en Euskal Herria también son «acosados» por la Policía autonómica. Sin ir más lejos este último fin de semana se acercaron de «visita» al gaztetxe de Algorta el viernes por la noche mientras celebraban una charla y el sábado también se sumaron a la «fiesta» al desalojar el local de los conciertos por un supuesto aviso de bomba. -

martes, 8 de abril de 2008

MERCENARIOS!!




Unha entrevista feita a un membro(ou cada un que lle poña o calificativo que crea convinte) da Garda Civil que se considera independentista galego. Garda civil e independentista(paradóxico). Un mercenario ao servizo do estado español, que nas súas horas laborais moi posiblemente se dedique a analizar de forma moi minuciosa e detallada, os comportamentos e relacións que poidan levar a cabo as persoas que están vencelladas a calquera organización da esquerda independentista galega.
ENTREVISTA
“Son garda civil e considérome independentista"
Contactamos cun axente que leva o adhesivo 'GZ' no seu automóbil particular.
A semana pasada saltou a polémica. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), mandos da Garda Civil aconselláronlle aos axentes que tomasen datos dos vehículos que portasen o adhesivo 'GZ'. Este mesmo luns, a Unión de Gardas Civís de Galicia sinalaba que non tiña constancia destes feitos. Porén, sinalaban que, de confirmarse, serían censurábeis xa que “o uso das siglas GZ está xeralizado. En case todas as familias as porta algún membro, até gardas civís”. Seguindo estas informacións, logramos contactar cun garda civil que ten este símbolo no seu coche particular. Manuel Verde Verde (o nome é ficticio xa que o funcionario prefire manterse no anonimato), comenta con nós a última polémica.


-Vostede leva o símbolo 'GZ' no seu coche, por que tomou esta decisión?-Pois a verdade é que cando comprei o coche de segunda man en Baio xa traía a “pegata”. Quedáballe moi ben, porque o coche é negro e contrasta co fondo branco que ten o adhesivo. Ademais eu son galego, sen complexos.


-E non lle trouxo problemas ter este distintivo?-Ninguén me dixo nada. Bueno, tiven un sarxento que unha vez me chamou a atención e díxome que polo menos tiña que poñer o E no outro lateral...para compensar. Pero non lle fixen caso, claro.


-Vostede como se define politicamente?-Pois eu sonlle independentista...


- Pero vostede é garda civil...como é compatíbel isto?-Imos ver, este é un choio coma calquera outro. O que temos que acabar é dunha vez con tanto prexuízo. Eu mentres fago o servizo son garda civil e logo son persoa. E logo un funcionario do INEM non pode celebrar o Día da Patria?
- A verdade é que mirado así..- O que pasa é que o país está cheo de tópicos. Se vostede estivese nalgúns cuarteis ficaría sorprendido. O meu caso non é o único, nin moito menos. Hai de todo. De feito, eu coñecín en Pontevedra un oficial que era reintegracionista co que moito teño discutido, porque eu sonlle máis da opción ILG-RAG.


Un independentista galego que nas súas horas de traballo leva no seu brazo esquerdo a bandeira española. Cada un que saque as suas conclusións pero Gardas Civís e Policias Nacionais fóra da nosa terra!!!..Que exerzan as súas labores represivas na capital do seu estado, que se larguen para Madrizz.


Cando me falan de españa

sempre teño unha disputa

e se españa é miña nai


eu son un fillo de puta.....