lunes, 24 de marzo de 2008

¿UN MINUTO DE SILENCIO?


Por primeira vez na súa longa historia, no campo do Atlethic Club de Bilbao, gardouse un minuto de silencio pola morte dun ex edil socialista sobre cal a banda ETA atentou o día 9 de Marzo. Como dixemos foi a primeira vez que en San Mamés se gardaba un minuto de silencio por unha "víctima" de ETA, e como era de supoñer, ese minuto de silencio durou 8 segundos, o que tardou en poñerse parte da bancada(sobre todo do fondo norte) a asubiar, berrar e mostrar faixas a favor dos presos independentistas e representativas de Euskal Herria e o que tardou o colexiado do encontro en poñer fin a ese minuto vendo como se estaba producindo. Para moitos ese minuto de silencio era unha provocación, pero por recomendación da Liga de Fútbol Profesional, o consello de administración do clube viscaiño decidiu gardar o minuto, cos resultados que xa dixemos. Aquí queda o vídeo do "minuto"de silenciohttp://es.youtube.com/watch?v=RU07ehvis7I&feature=related. Para parte do pobo euskaldun unha provocación,para outra unha falta de respeto e para outra unha forma tonta e estúpida de buscar "problemas"xq o sucedido estaba visto que pasaría e por eso nunca se fixo ata esa data.A pregunta é ¿un minuto de provocación ou de falta de respeto?Cada un que saque a súa conclusión e opine.

martes, 11 de marzo de 2008

PLURALISMO ANTIDEMOCRÁTICO

As eleccións celebradas o domingo 9 de Marzo deixou como vencedor o PSOE,polo que será presidente do estado español José Luis Rodríguez Zapatero por segundo mandato consecutivo, o lograr o 43,64% dos votos e 169 deputados,frente o 40,11% do PP e os 154 deputados destes.Unhas eleccións na que predomoniu o bipartidismo antidemocrático e na que os demais partidos políticos se presentaban en clara inferioridade respeto a PSOE e PP.Un bipartidismo que tivo influencias en todos os partidos restantes de maneira negativa,xa que IU por exemplo pasaba de 5 a 2 deputados,perdendo así o grupo parlamentar propio.O mesmo sucedeu co independentismo catalán que representa ERC que pasou de ter 8 deputados a quedarse unicamente con 3.Aguantaron ben o tirón e incluso medraron os de CIU que aumentan un deputado e contarán con 11 no parlamento español.Tamén aguantou o tirón o BNG que conserva os dous deputados que tiña e logra aumentar en número de votos,cousa moi complicada como demostran os resultados no resto do estado,sendo moi salientable tamén o retroceso que sufre o PP na Galiza perdendo gran número de votantes como é de costume nos últimos tempos por estas terras.Outra forza que perde un deputado en madrid é o PNV,que se queda agora con 6.En Euskal Herria hai que destacar a alta porcentaxe de abstención.No ano 2004,acudiu a votar o 74,97%dos electores,mentres que o 9 de Marzo soamente acudiu o 64,90%,producíndose así unha baixada de 10 puntos.Débese recordar que a esquerda abertzale (a cal lle impediron a presentación de candidatura)pediu aos seus votantes a abstención,mentres que no 2004 pediran o voto nulo.No pobo de mondragón onde o venres 7 de Marzo a banda independentista ETA,atentou contra un ex concellal socialista a abstención foi dun 41%.
En conclusión,que o pluralismo democrático do que tanto se presume, quedou en jaque pola campaña dos medios de comunicación, que bipolarizaron estas eleccións a unicamente dous partidos.Dous partidos do cal gañou o menos malo e do cal se espera que se atreva a dar solucións a moitos problemas que existen no estado español.

miércoles, 27 de febrero de 2008

PSOE E PP A MESMA MERDA É!!!


O vindeiro 9 de Marzo convócanse eleccións ao parlamento español,para decidir se é o P$OE, co seu representante José Luis Rodríguez Zapatero ou o PP, con Mariano Rajoy, o que se converte no próximo presidente de goberno do estado español, polos 4 seguintes anos. Nós,os galegos,non deberiamos ter que votar os que levan as rendas da una, grande y libre que defenden ambos candidatos a elección,xa que non é o noso parlamento.Pero a realidade é completamente distinta.Gustenos ou non o día 9,tamén entramos no xogo do que eles chaman democracia,na súa gran festa! Galiza xógase ver o peso que ten dentro do estado español, co "único" partido político (BNG) que antepón os nosos intereses aos do estado do que desgraciadamente formamos parte.Digo "único" porque é o único con capacidade suficiente para sacar representación nas Cámaras,xa que por desgraza, outros partidos que defenden a nosa terra cuns ideais máis firmes e sen darlle tanta importancia ao electoralismo(votos sen ideas) non acadarán os suficentes votos para lograr unha acta de deputado.Queda nas mans de todos os que residimos nas 4 provincias galegas, o peso que lle queremos dar á nosa terra nas Cortes españolas.Queda nas nosas mans se queremos ter voz en Madrid e dicir que aquí tamén existimos.Por eso deberiamos reflexionar e participar na súa festa unicamente para amargarlla.Para decirlles que na Galiza sobran!

miércoles, 20 de febrero de 2008

SELECCIÓNS NACIONAIS GALEGAS XA!!


O venres 29 de febreiro debuta a selección nacional galega de fútbol sala na cidade de Ferrol. Os nosos mediránse a selección de Uruguai no noso primeiro encontro.É unha alegría para todos os galegos a convocatoria dunha nova selección nacional nesta disciplina deportiva que é dunha gran tradición na nosa terra.

lunes, 18 de febrero de 2008

AUTODETERMINACIÓN E DEMOCRACIA!!


o 27 de Xuño de 2002 o Congreso dos deputados cunha maioría aplastante aprobou a Lei de Partidos, xestada no marco do "pacto antiterrorista" suscrito polo PP e polo PSOE. A súa finalidade,non explícita,é a ilegalizazión da denominada"esquerda abertzale".Non se plantexou en ningún momento deixar fóra da lei,por exemplo, a partidos da extrema dereita.


Trala aprobación da lei,o recorte de liberdades e dereitos dos cidadáns de euskal herria, trasládase o poder xudicial. Iniciánse os trámites de ilegalización de Herri Batasuna,Euskal Herritarrok e Batasuna que o Tribunal Supremo ratifica en Marzo de 2003. En maio do mesmo ano-eleccións en nafarroa-négase a inscrición de Autodeterminazioarako Bilgunea;en xuño de 2004-eleccións europeas é ilegalizada a lista de Herriterren Zerrenda;en 2005 comicios o parlamento vasco-son anuladas as listas da esquerda abertzale que pide o seu voto para o Partido Comunista das Terras Vascas (PCTV-EHAK).


A tregua de ETA no ano 2006, así como a predisposición, al menos inicial, do goberno de Zapatero ó diálogo fai presaxiar que nas eleccións municipais de 2007, a esquerda abertzale, estará presente.Pero o poder xudicial nega a inscrición de Abertzale Sozialisten Batasuna,das agrupacións de electores Abertzale Socialistak, así como tamén de parte das candidaturas do histórico Acción Nacionalista Vasca-Eusko Abertzale(ANV-EAE). É unha evidencia que a ilegalización de partidos,xunto co endurecemento da política penitenciaria,entre outros factores, son unha importante traba para ó diálogo e a solución do conflicto existente.


A recente ilegalización de ANV e PCTV non é un problema que inflúe unicamente en euskal herria.É algo moito máis profundo.Gústenos ou non vivimos nun Estado que ten unha lei que viola os dereitos civis e políticos e na que opera un poder xudicial altamente politizado.É o que moitos denominan coa boca ben grande Estado de Dereito o que está en verdadeiro peligro e polo tanto o deber de todose todas debe ser actuar.Por solidariedade e porque a voz de centos de persoas quedan caladas e impedidas de pronunciarse libremente no que chaman democracia.

jueves, 14 de febrero de 2008

FASCISTAS FÓRA DA GALIZA!!

Nestes días visitou o noso país, a presidenta do PP en euskal herria María San Gil(ipollas!!!!) que viña dar unha charla a facultade de ecónomicas de Santiago de Compostela.Alí foi recibida por un grupo de moz@s que lle deixaron ben claro que bazofia como ela non é ben recibida na nosa terra.Houbo enfrontamentos cos sabuesos que a salvagardan que como é costume neles actuaron amosando a súa violencia contra os manifestantes alí congregados.
http://es.youtube.com/watch?v=cfqaBBHaW_w

miércoles, 13 de febrero de 2008

UNHA LEMBRANZA

Un vídeo cunhas imaxes impactantes que "desenmascara"os verdadeiros culpables do día 11 de marzo naquela terrible masacre de Madrid,coa música do grupo antifascista mostoleño Non Servium Army..Observen,escoiten e saquen conclusións:http://es.youtube.com/watch?v=3RaTvInd-DM.

Dous vídeos sobre as forzas de seguridade que nin torturan,nin agreden indiscriminadamente e que se preocupan de manter a SÚA orde.Violencia policial total e absoluta!http://es.youtube.com/watch?v=nqvvND1XANw
http://es.youtube.com/watch?v=HF3VuE8INcc